Gespeichert von Sylviane Amiet am Mo., 09.09.2019 - 17:11

TÉCNICAS FREINET
DA ESCOLA MODERNA

Texto de CÉLESTIN FREINET    Tradución e epílogo de ANTÓN COSTA

Encadernación rústica. 15 x 21,5 cm. Biblioteca de Pedagoxía, no 9.

...A pedagoxía Freinet da Escola Moderna ten a pretensiónde aportar as respostas indispensables e non só respostas teóricas sempre fáciles, senón sobre todo a proba de que
as teorías xenerosas dos grandes pedagogos poden volverse actualmente realidade, que xa en miles de escolas veñen afirmando os seus beneficios e que, polo tanto, xa hai

unha esperanza nos camiños aínda caóticos do futuro...

Célestin Freinet practicou unha nova maneira de entender a escola, partindo da idea dos nenos e das nenas como persoas completas con grandes capacidades e desenvolvendo as súas destrezas
para a aprendizaxe de forma autónoma. Este pedagogo sostiña que o centro da escola está nos educandos, non nas materias. Neste sentido, as súas propostas incidían na necesidade

de substituír as leccións dende a cátedra por métodos activos e participativos baseados no tanteo experimental para afianzar a aprendizaxe dende a investigación, a experiencia
e a experimentación.

Cos seus plantexamentos, Freinet diferenciouse das referencias pedagóxicas anteriores: “É a primera vez na historia da pedagoxía que un intento de renovación parte radicalmente da base”. Freinet impulsou unha pedagoxía moderna que achegou

novas técnicas, modernizou o material escolar e os instrumentos, empregando a tecnoloxía da época como soporte para adquirir coñecemento. Comprometido cos máis desfavorecidos,
o seu campo de traballo foi a escola rural, cuxo alumnado

eran os fillos e fillas dos campesiños.

Entre as súas innovacións destacaron a introdución nas aulas
da imprenta para reproducir textos libres escritos polo alumnado, a correspondencia interescolar e intercambio de experiencias
con outros centros ou a asemblea e a cooperativa da clase;
mais tamén o cinema, a radio e os discos. Promoveu a clase-paseo para favorecer o interese pola natureza, a observación e a escoita, a formulación de preguntas e a busca de respostas. Potenciou
as matemáticas a través do cálculo como instrumento para medir campos, calcular prezos e pesar obxectos. Ademais, apostou
pola aprendizaxe da lectura dende una visión comprensiva.

Como dicía Freinet, o reto estaba en “mudar as relacións entreEscola e Vida, entre nenos e mestres, para adaptar e readaptar
a escola ao medio”, procurando un mellor rendemento. Milleirosde colexios en Francia e noutros países apostaron polo seu modelo.